BlackBerry Messenger, Whatsapp, Viber… as aplicacións que facilitan a mensaxería instantánea no móbil son cada vez máis populares, pero agora terán que enfrontarse a un duro competidor, xa que dende Facebook decidiron segregar a funcionalidade de chat da súa aplicación para smartphones e anuncian Messenger para móbil, un novo xeito de intercambiar mensaxes a través do teléfono móbil, tanto cos amigos de Facebook coma cos contactos da axenda do terminal. A ferramenta tamén facilitará a realización de conversas en grupos, permitindo agregar as mensaxes a localización xeográfica (para facilitar o atoparse) ou compartir fotografías para comentalas.
O Facebook Messenger está dispoñible polo momento para terminais Android e para dispositivos con iOS (aínda que no momento de escribir estas liñas aínda non tiña autorizada a súa instalación dende España en ningunha das dúas versións).
Facebook estrea aplicación de mensaxería para móbiles
Compartir Este Artigo

