A consulta de información meteorolóxica a través da Internet é cada vez máis frecuente (como demostra o feito de que a páxina web de Meteogalicia estea no posto número 14 da nosa listaxe coas 100 webs máis populares de Galicia) e conscientes diso dende Google chegaron a un acordo con Weather.com para integrar unha capa con meteorolóxica a o seu servizo de mapas, de xeito agora podemos movernos por todo o mundo consultado o estado do tempo das principais localidades, así como a súa predición meteorolóxica para os vindeiros 3 días (incorporando ligazóns para ver un detalle horario da predición ou unha predición a 10 días na propia web de Weather.com).
A información meteorolóxica que achega Google Maps é tanto a temperatura, como a velocidade do vento, a humidade e as precipitacións, e tamén é posible amosar a nubosidade de xeito gráfico (nas vistas do mapa a certa distancia).
Presentación en vídeo da nova capa meteorolóxica de Google Maps
Google Maps integra información meteorolóxica
Compartir Este Artigo
