Nos ximnasios é cada vez máis habitual ver a xente empregando o seu smartphone como reprodutor multimedia para acompañar ás súas rutinas, pero estes trebellos aínda poden ter un mellor uso neses momento, como é asistir na elaboración de táboas de exercicios, para o que hai aplicacións como Gym Genie, dispoñible para iPhone por 0,79 euros e para Android por 0,69 euros, e que en ambas versións ofrece a posibilidade de crear máis de 600.000 combinacións de exercicios, así como acceder a 237 vídeos na canle de YouTube de MuscleProdigy, na que explican a correcta execución dos distintos exercicios.
Esta ferramenta porque que escollamos os grupos musculares que queremos traballar, e seleccionará 5 exercicios aleatorios para cada grupo, o que tamén pode servir como un método para fuxir da rutina nos adestramentos no ximnasio.
Gym Genie facilita o deseño de táboas de exercicios dende o móbil
Compartir Este Artigo

