
Durante a súa intervención, Fernández Dabouza fixo balance do sistema de facturación electrónica e dos resultados acadados pola licitación electrónica, despois de que o pasado mes de maio se puxera en marcha a primeira mesa de contratación a través do Sistema de Licitación Electrónica (SILEX).
Así, o director xeral lembrou que «o novo sistema presentado hai xa tres meses permite que os provedores poidan presentar as súas ofertas utilizando medios telemáticos ao mesmo tempo que da un paso máis na automatización dos procesos relacionados coa contratación pública xa iniciados no ano 2010».
Mauro Fernández, explicou que para presentar ofertas telemáticas, «as empresas só precisan estar dadas de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma», o que lles evita ter que presentar determinada documentación de forma repetitiva aos procesos que concorren e, asemade «estar en posesión dun certificado electrónico para firmar as ofertas».
O Director Xeral destacou tamén que aínda que os todos os procedementos de licitación que saíron a concurso dende o departamento que dirixe, xa permiten a modalidade de presentación electrónica, as empresas que así o desexen, «permíteselles presentar as súas ofertas en formato papel como o viñan facendo ate o de agora, o cal garante o principio de libre concorrencia».
A Licitación Electrónica tamén supón un paso importante na modernización dos procesos administrativos, por canto se automatizan unha parte significativa dos mesmos, o que suporá unha maior axilidade da Administración, sen esquecerse do importante aforro que a medida supón en papel e no seu arquivo.
O director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financieira e Contable tamén destacou a boa acollida que está a ter o sistema de facturación electrónica da Consellería de Facenda por parte das empresas e adiantou que as facturas electrónicas xa supoñen un 27,2% do total das facturas que se reciben na Xunta de Galicia e que xa están facturando electrónicamente 1.697 empresas.
Declaracións do director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financieira e Contable (CIXTEC), Mauro Fernández Dabouza
Medra o uso da vía telemática nas comunicacións das empresas coa Xunta
Compartir Este Artigo
