Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patrimoniogalego.net supera os 200 bens inventariados en apenas 100 días
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patrimoniogalego.net supera os 200 bens inventariados en apenas 100 días

Redacción
Publicado: 25/08/2011
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

patrimoniogalego-net_agosto_2011.jpgO balance dos tres primeiros meses en funcionamento de patrimoniogalego.net non podería ser máis positivo, pois en apenas cen días, o novo catálogo social dos bens culturais galegos converteuse no maior inventario on line do noso patrimonio. Xa hai catalogados máis de douscentos elementos patrimoniais, unha cifra que se incrementa día tras día en virtude da colaboración desinteresada dun cada vez máis nutrido número de catalogadores.
Esta plataforma soportada por WordPress, funciona dun xeito semellante ao da Wikipedia, de xeito que calquera persoa pode participar no catálogo inventariando aqueles bens culturais que coñeza, para o que só ten que rexistrase como catalogador o inventario e animarse a fotografar os elementos que desexe e introducir datos dos mesmos para enriquecer este Sistema de Información Xeográfica (SIX) que actualmente recolle información referente a bens culturais inmobles (castros, dolmens, petróglifos, cruceiros, fontes, hórreos, pallozas, pazos…).
Unha vez inventariados os elementos, calquera outro catalogador pode ampliar os datos, engadindo nos comentarios unha descrición máis detallada ou observacións sobre o seu estado de conservación.
As fichas serán revisadas polo equipo de editores de patrimoniogalego.net co fin de corrixir posibles erros na catalogación dos bens culturais e completar a información cos datos necesarios.
A finalidade última deste catálogo social é a de axudar a conservar o patrimonio galego, causa que suma cada dia máis adhesións, e tras nacer a iniciativa de Manuel Gago, xa conta co apoio de Xurxo Salgado e Félix Aragunde (Gabinete de Comunicación), Xosé Gago, Adela Oyonarte, Franjo Padín e Carmela Sánchez Arines (Editores) eE Milagros Bará, Álex Bragaña e Soledad Felloza (Produción).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?