Max Levchin deixou Google nos últimos díasA mediados de xullo deuse a coñecer que dende Google nacía unha aplicación para móbiles chamada Photovine que permitía sementar fotografías ao redor de frases para medrar coma vides, pero pese á atención que captou este proxecto, parece que non vai durar moito, pois os responsables do servizo viñan da compañía Slide, adquirida por Google o ano pasado, e que non parecían estar a acadar un bo rendemento (as aplicacións que desenvolveron nos últimos meses non acadaron sona) polo que coméntase que pasarán a traballar en YouTube (que continúa a operar de xeito independente a Google), agás o cabeza visible de Slide, Max Levchin, que deixa a compañía «para perseguir novas oportunidades». Con estes precedentes parece evidente que Photovine ten os días contados, o que pode resultar un tanto frustrante para os usuarios que probaron o servizo e gustaron da súa proposta, aínda que tamén serve para evidenciar que incluso compañías como Google non tremen á hora de podar produtos que non xeran beneficios.