
O director xeral da empresa, Elías Pérez, asegura que «o foco da nosa actividade na interconexión e interoperabilidade de redes de comunicacións unificadas permitiu dar un lugar a Quobis non só no mercado ibérico, senón abrir as portas á consolidación noutros mercados», o que quedou evidente coa apertura dunha oficina en Lisboa, que se complementará con presenza no mercado latinoamericano (México, Colombia e Brasil), ata a reorganización da organigrama interno, ao nomearse novos directores técnicos e de operacións.
Adicionalmente, duplicouse a facturación respecto ao exercicio anterior e conseguíronse importantes referencias de clientes. Todo iso foi grazas ao establecemento dunha política comercial orientada a produtos, que foi acompañada pola participación en diversos eventos internacionais ou o redeseño da páxina web corporativa para adecuala aos novos retos como empresa.
O resto do ano así como os vindeiros exponse desafiantes xa que se aposta por cumprir o plan estratéxico que prevé multiplicar a cifra de negocio e consolidar a imaxe da empresa como referente no seu sector en mercados internacionais.
Quobis celebra os seus 5 anos de actividade
Compartir Este Artigo
