A Consellería de Educación instalará en vindeiras datas máis de 600 equipos de aulas dixitais nos centros educativos galegos a través dunha acción que vén derivada dun convenio asinado entre a Consellería, a Secretaría Xeral de Modernización e a entidade Red.es, dependente do Ministerio de Industria.
Dito convenio permitirá que se distribúa e instalen 500 equipos compostos por un ordenador ultraportatil e un encerado dixital interactivo, todos eles valorados en 2.600.000 euros. Para o reparto deste equipamento teranse en conta distintas variables, priorizando a aqueles centros de educación infantil e primaria que nestes momentos conten cunha menor equipación das características antes nomeadas e aqueles que asinen contratos programa.
Para poder optar a ter estes ordenadores e encerados serán os centros os que deberán solicitar a súa adxudicación. Así a partir da semana do 19 de setembro a Consellería de Educación enviará unha comunicación aos centros, para que os interesados soliciten aqueles equipos que precisen. Na mesma solicitude deberán precisar os usos concretos para os que irán destinados.
Cómpre sinalar que todo o equipamento será instalado no centro educativo no momento da súa entrega, con cargo ao proxecto, polos técnicos e equipos que envían o material aos colexios.
Educación achegará nosos equipos informáticos ás aulas dixitais galegas
Compartir Este Artigo
