Cando nos movemos por zonas pouco inaccesibles do planeta non podemos depender da telefonía móbil para comunicarnos, de aí que Iridium Communications ofreza telefonía por satélite, servizo que mellora as súas posibilidades a través dos terminais Iridium 9555 ou o resistente Iridium Extreme, aos que pode conectarse un accesorio chamado AxcessPoint, que facilita a creación dun punto de acceso Wi-Fi en practicamente calquera lugar do mundo.
Estamos a falar dunha solución que busca achegar a conectividade a lugares remotos, o que está moi lonxe da banda larga á que estamos afeita, xa que as comunicacións que se establecerían irían a velocidades duns 2,3 ou 2,4 Kbytes/seg, o que podería servir para recibir correo electrónico de texto e pouco máis (aínda que grazas ao software de compresión a velocidade efectiva de transmisión pode acelerarse ata 15 veces).
Non só a velocidade das conexións é un problema para esta solución, senón tamén o seu prezo, pois aínda que o AxcessPoint custa só uns 200 dólares, as conexións de datos cóbranse a uns 1,35 dólares/minuto, polo que resulta evidente que o seu uso non está destinado a moverse polas nosas redes sociais, senón para uso realmente importantes.
Iridium presenta a súa solución para globalizar o acceso á Rede
Compartir Este Artigo
