
O conselleiro da Presidencia destacou que a Xunta segue coa súa aposta por integrar as novas tecnoloxías en todos os ámbitos da sociedade, sendo a posta en marcha destas aulas un exemplo máis de cómo se está poñendo a disposición dos cidadáns as novas tecnoloxías.
Rueda manifestou que, debido á dispersión poboacional e aos problemas de comunicación que ten a comunidade galega, é de vital a importancia a posta en marcha destas aulas, nas que os galegos poden ter acceso gratuíto á formación no ámbito das novas tecnoloxías. Así mesmo, referiuse tamén á posta en marcha do Plan de Banda Larga, que ten coma obxectivo que todos os galegos teñan conexión a Internet no 2013. En cumprimento dese plan, estase a conseguir que todos os galegos teñan un centro CeMIT a menos de trinta minutos da súa residencia. Trátase de 98 aulas en 92 concellos de Galicia nas que durante o 2011 se formarán máis de 12.000 galegos, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, pero ofrecendo tamén formación especializada aos profesionais TIC e información específica para PEME e micro PEME.
Declaracións de Alfonso Rueda durante a presentación desta mañá
