Esta semana fomos testemuñas dunha nova tentativa de seguir levando o cinema á nosa casa coma na idade de ouro dos videoclubes, coa axuda agora das redes. A novidade vén da man de Blockbuster, un servizo que leva anos de capa caída, como tamén está de capa caída o modelo tradicional de negocio no que se inseriu dende as súas orixes: o modelo de videoclub con tódalas cousas xa coñecidas. Así, e malia que máis que de capa caída compre falar xa de extinción, Blockbuster resístese a morrer e os pasados días anunciou que ofrecerá vídeos en liña para os clientes do servizos de tv por satélite de Dish Network. A idea básica semella a de resistir e, de paso, facerlle a competencia a Netflix, rival de Dish.
A nova achega de Blockbuster, en tempos xigante do sector e agora pertencente a Dish Network (logo de que se declarase en bancarrota), incluíra de primeiras un catálogo de máis de 3.000 títulos para televisión e 4.000 para computadores. O servizo, que se vai facer chamar Blockbuster Movie Pass, custará dez dólares, 7,50 euros, e inclúe a maiores o aluguer de películas por correo e en tendas, ao estilo tradicional.
Blockbuster rexurde para pór en marcha un videoclub en liña
Compartir Este Artigo
