
O evento a celebrar na capital galega, cuxos detalles están xa dispoñibles na Rede (en xunta.es/linguagalega), vén da man Secretaría Xeral de Política Lingüística, que colabora nestes proxectos con outras institucións de diversos territorios de España e de Europa, no marco do programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea.
Para os estudantes que queiran participar, dicirlles que a Universidade de Santiago de Compostela recoñecerá esta actividade con un crédito de libre configuración.
Como dixemos, o congreso complementa a web santiagolanguages.com, poñendo nun mesmo espazo físico, o do MUPEGA, a unha cantidade importante de xente que leva meses traballando arredor desta proposta en liña, unha exposición dixital sobre a multiculturalidade dos itinerarios xacobeos. Isto complémentase, ás súa vez, cunha exposición sobre a devandita diversidade aberta no dito museo ata o 24 de outubro. Volvendo á páxina web, o tema que nos ocupa, dicir que se presenta en once linguas distintas (representativas do Camiño), incluíndo o galego, o aragonés, o éuscaro, o occitano, o bretón, o frisio ou o alemán.
A intención disto, sinalan os responsables da mostra, era facer fincapé na vontade de salientar a rica diversidade do Camiño, salientando de entre todas elas as minoritarias, que son, a fin de contas, as que precisan de máis apoio por parte da comunidade internauta.
Incorpora, entre outras cousas, explicacións do Proxecto Camiño (no que se insire a mostra), o itinerario da exposición en diversas cidades vinculadas ao itinerario e información detallada sobre o congreso dedicado ás linguas e culturas europeas vertebradas arredor da tradición xacobea que terá lugar, como dixemos, os días 21 e 22 de outubro no MUPEGA. Asemade, tamén se ofrece unha completa galería multimedia de contidos, un dos miolos da exposición, e máis un xogo interactivo sobre o Camiño en tódolos idiomas devanditos.
Unha web, un congreso e unha mostra conmemoran en Santiago as culturas ligadas ao Camiño
Compartir Este Artigo
