Este luns 10 de outubro, a sala I do Edificio Miralles do Campus Universitario de Vigo vai dar acubillo á entrega de premios da primeira entrega do Premio Espírito Emprendedor. O acto, no que participará o reitor Salustiano Mato, facendo entrega dos galardóns, comezará ás 11.30 da mañá. O certame vén da man da Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento, e abrolla directamente da súa estratexia para fomentar a cultura emprendedora entre os estudantes e a comunidade universitaria en xeral.
Máis polo miúdo, o obxectivo dos premios é recoñecer a elaboración dunha idea de negocio creativa que poderá basearse en calquera dos eidos do coñecemento contidos no plan de estudo da Universidade de Vigo, incluídos, polo tanto, os eidos que máis lle tocan de preto a esta web: as novas tecnoloxías da información e as telecomunicacións.
O luns entréganse os premios á innovación emprendedora da Universidade de Vigo
Compartir Este Artigo
