Unha enquisa de Enterprise Management Associates reflicte que o reinado da plataforma BlackBerry como solución móbil corporativa podería chegar á súa fin, manifestando o 30% das empresas que actualmente empregan a tecnoloxía de Research In Motion (RIM) a súa intención de abandonala.
RIM leva uns anos intentando facer fronte ás plataformas móbiles emerxentes de Apple e Google, fracasando estrepitosamente en tal tarefa, como queda en evidencia coa irrelevancia do tablet da compañía e, aínda que actualmente estean a anunciar unha nova xeración dos seus produtos (BlackBerry BBX), estes non chegarán ao mercado ata o ano que vén, polo que a compañía continuaría a perder tracción.
A este problema habería que engadir o feito de que un dos servizos estrela de RIM, o BlackBerry Messenger, comeza a ter competidores de peso, como o novo iMessage de iOS 5, a integración de Google+ e as súas quedadas en Android 4.0 ou incluso aplicacións como Whatsapp ou Viber, o que xunto coa perda de reputación por mor dunha caída dos seus servizos de datos durante 3 días consecutivos poderían minar as posibilidades de futuro de RIM.
BlackBerry continúa a perder usuarios
Compartir Este Artigo
