
Segundo informa a compañía con sede na Costa de San Marcos, Santiago, o proxecto deu comezo o pasado mes de marzo e rematou en outubro coa certificación levada a cabo pola entidade británica BSI, que deu conformidade a tódolos puntos do informe de auditoría no sistema de xestión de servizos da Universitat de Girona. Grazas a este aval, a institución académica catalá non só amosa a calidade dos seus servizos, senón que os garante. Segundo informa Santi Cots, cap de Serveis a l”Usuari da Universitat, “ a participación de Ozona foi clave no éxito do proxecto, xa que demostrou coñecemento extraordinario dos requirimentos da norma e do proceso de certificación e auditoría, ao que se engade un guía continua en todo o referente á adaptación dos procedementos e as ferramentas existentes para lograr a conformidade coa norma”.
A Universitat de Girona é unha institución pública inserida no sistema de universidades públicas catalás. A súa finalidade é procurar a excelencia na formación e a investigación e participar no progreso e desenvolvemento da sociedade, a través da creación e a crítica da ciencia, a técnica, as humanidades, as ciencias sociais e as artes.
A Universitat de Girona logra coa axuda de Ozona un salientable recoñecemento aos seus servizos
Compartir Este Artigo
