
Polo que respecta ao primeiro dos textos galardoados, dicir que está asinado polo devandito catedrático vigués e máis por Pedro Comesaña, doutor na Universidade de Vigo, e con Chaouki Abdallah, catedrático na University of New Mexico. A investigación foi dada a coñecer na décima edición do International Workshop of Digital Forensics and Watermarking, celebrado en Atlantic City (EE UU) onde foi obxecto do premio ao mellor artigo dos presentados no simposio. As razóns do premio débense á vontade multidisciplinar do traballo e máis ao seu potencial para unir mundos en aparencia afastados: o control automático e a seguridade multimedia. O texto en cuestión titúlase Witsenhausen”s counterexample and its links with multimedia security problems.
Polo que atinxe ao outra investigación recoñecida internacionalmente, dicir que vén da man de Juan Antonio Elices, quen obtivo a distinción na categoría de mellor artigo dos estudantes no marco do evento IEEE International Workshop on Information Forensics and Security, celebrado en Foz de Iguaçu (Brasil). Segundo informa a Universidade de Vigo, o artigo tamén conta coas achegas do devandito Fernando Pérez e de Carmela Troncoso, da Universidade Católica de Lovaina. O título do traballo é Fingerprinting Tor”s Hidden Service Log Files Using a Timing Channel e a través del proponse unha solución “para conseguir deixar pegadas en ordenadores de usuarios que se esconden tras redes anonimizadoras“. Por exemplo, apunta Fernando Pérez, “as pegadas poden servir como elemento probatorio de que un usuario permite descargas de ficheiros de pornografía infantil dende un determinado ordenador”.
Dous traballos sobre seguridade multimedia da Universidade de Vigo premiados no eido internacional
Compartir Este Artigo
