Da mesma maneira que non deixamos o coche ou a casa aberta cando imos de viaxe, nin deixamos as nosas tarxetas de crédito ao alcance de calquera, non deberiamos navegar pola Rede sen un bo antivirus ou antimalware, e malia a tódalas advertencias que teñen feito as autoridades, un de cada novo internauta navega sen contar cunha protección axeitada no seu equipo.
Un informe publicado por G Data Security Labs, revela que o malware está en permanente crecemento na Rede, e que en España xa hai “preto de 3 millóns de internautas que son vítimas potenciais dos cibercriminais por non dispor de sistemas de seguridade axeitados”.
Os ciberdelincuentes están cada vez máis e mellor preparados, e practicamente poden facerse con todo tipo de datos que deixemos á súa disposición nos nosos equipos sen case esforzarse.
O problema non radica tanto en non protexerse como en non ser conscientes das ameazas ás que nos expoñemos ao non facelo correctamente pois a enquisa, Como perciben os usuarios as ameazas de Internet, realizada por DSL, revela que os españois somos un “branco fácil” para que os ciberdelincuentes distribúan as súas ameazas.
A boa nova é que o 89 por cento dos internautas si teñen unha solución antivirus nos seus equipos, ben sexa de balde ou de pago, coa que se protexen dos perigos da Rede.
Só o 11 por cento navega virtualmente desprotexido, e deles, só o 4 por cento recoñece abertamente non usar ningún de protección, o resto dos enquisados non saben se o usan, ou teñen solucións de seguridade pirateadas, algo que, en palabras de G Data, “en moitas ocasións poden incluso servir de vehículo para o malware”.
Xa que logo, a única forma de navegar protexido é facelo usando un software de seguridade non pirateado, de balde ou de pago, que inclúa detección de ameazas descoñecidas en tempo real.
As suites de seguridade que, ademais disto incorporan cortalumes, filtro web e antispam son, en palabras da compañía, “a mellor protección contra calquera tipo de ataque”.
Preto de 3 millóns de internautas españois navegan desprotexidos
Compartir Este Artigo

