
Xa nun plano máis específico, dicir que a alianza ábrelle a porta a algo máis que accións conxuntas: establece a posibilidade real de abrir cada entidade á participación directa da outra. Ou sexa, que se estipula que un profesional de recoñecido prestixio a proposta do CPEIG participe como membro do Consello Consultivo de Ineo e nos seus proxectos. Do mesmo xeito, os órganos directivos de Ineo participarán en calquera evento que CPEIG poña en marcha e cando corresponda como convidado de honra. “A través deste acordo”, informan as entidades, “os socios de Ineo poderán participar nos actos e eventos que organice o CPEIG coas mesmas obrigas e privilexios dun colexiado, e o mesmo poderán facer os colexiados do CPEIG, que participarán en todo canto evento, proxecto ou servizo se preste dende Ineo nos mesmos termos que un asociado”.
Ineo e o CPEIG impulsarán xuntos a modernización da nosa terra
Compartir Este Artigo
