A firma de telefonía Emporia Telecom, especializada en deseñar e fabricar teléfonos de uso doado para toda a familia, vén de convocar un peculiar concurso na rede social Facebook, no que sortea, entre outros agasallos, unha cea de balde na propia casa do usuario.
A idea forma parte da última campaña virtual de Emporia, que decidiu organizar este evento para premiar a fidelidade dos seus fans en España “potenciando valores familiares e a comunicación fácil”, aseguran.
Para participar, as persoas interesadas deben facerse fans da páxina de Emporia en Facebook e subir ó seu muro a súa mellor foto familiar deste Nadal. De todas as recibidas ata mediados de febreiro, a que resulte máis votada será a gañadora dunha cea de balde na casa. O segundo clasificado poderá gozar dunha tarde de cine familiar e o terceiro premio consiste nun marco de fotos dixital.
A convocatoria deste concurso foi publicada, ademais de en Facebook e Twitter, no Blog de Luisito, unha plataforma coa que Emporia pretende promover os vínculos familiares-afectivos, e na que describe a relación cotiá que un rapaz mantén coa súa avoa, usuaria dun teléfono da firma.
Emporia sortea en Facebook ceas familiares a domicilio
Compartir Este Artigo

