
Este programa, que apoia a Consellería de Traballo e Benestar, permite aos seus participantes formarse nun ámbito “con boas expectativas de inserción laboral” , en palabras de Beatriz Mato, conselleira que tamén indicou que a colaboración con este tipo de iniciativas vai na liña dos principais eixos do Plan Integral de Acción para as Persoas con Discapacidade 2010-2013 que está a executar o Goberno galego.
Fixo referencia a que unha das principais actuacións do departamento autonómico é colaborar con este colectivo na inserción laboral.
Por último, a titular de Traballo destacou que o Goberno galego investirá ao longo de 2012 máis de 14,5 millóns de euros para fomentar a contratación de persoas con discapacidade e indicou que para formación de persoas desempregadas en xeral destinaranse máis de 55 millóns.
A Fundación Averhó forma en animación 3D a 12 persoas con discapacidade
Compartir Este Artigo
