
Este centro, que entrou en funcionamento o pasado 1 de xullo, ponse agora a disposición das empresas galegas que non o coñecían, que poderán obter información privilexiada sobre o seu funcionamento nunha xornada de presentación que terá lugar o vindeiro 15 de febreiro no IGAPE.
O obxectivo da xornada e informar sobre esta iniciativa, así como das accións de promoción internacional que para o sector organiza o ICEX -e que contan con colaboración de IGAPE- e das accións de internacionalización multisectoriais do Plan Cameral para o 2012.
As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico cos seus datos persoais á dirección mcp@igape.es, antes do vindeiro 10 de febreiro.
O STC está situado no distrito de SOMA, unha das áreas máis activas de San Francisco, e as empresas instaladas nel contan, entre outras cousas, con asesoramento continuado e con acceso a servizos especializados (recursos humanos, comerciais, xurídicos, fiscais…) a fin de que a súa inmersión en EEUU se desenvolva con éxito.
Compostela acollerá a presentación do Spain Tech Center en California
Compartir Este Artigo

