
O evento, que xa ten dispoñible o programa (en pdf.) para quen queira velo. Tamén está aberto na Rede o proceso de inscrición. Segundo informa o GPUL, cómpre destacar xa que nas xornadas participarán (virtualmente) profesionais como David Cuartielles, “un dos membros máis mediáticos do Arduino Team”, unha comunidade-plataforma aberta que, como saberemos, dedícase á creación de prototipos baseados en software e hardware libres, flexibles e doados de empregar. Asemade, cóntanos o GPUL, o evento contará con varios espazos de participación para o público que se achegue ata as xornadas:
· Unha quenda de preguntas sobre o proxecto Arduino.
· Unha mesa redonda onde participarán tanto os organizadores, os colaboradores e os convidados coma o público.
· Unha sección para a presentación de proxectos persoais feitos con hardware libre en quendas de 15 minutos.
GPUL prepara para os vindeiros días a primeira edición das Xornadas sobre Hardware Libre
Compartir Este Artigo
