
A campaña insírese en Vitaminas 17 e está impulsada polos 29 medios que integran a plataforma. Entre outras cousas, tamén se inclúe o reparto nos colexios de lapis para escribir en galego, unha iniciativa posta en marcha como “unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua”. Esta actividade desenvolverase nos colexios e institutos de Lugo. Respecto ao manifesto para conmemorar a información en galego o día 17, dicir que xa está na web da inicitativa. A declaración de principios foi redactada polos medios que constitúen a plataforma, sendo o obxectivo o de ser lido ao longo do 16 de maio en, polo menos, 17 escolas e institutos galegos,diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Vitaminas xa traballa para que todas estas lecturas se graven en vídeo e se envíen a manifesto@vitaminasparaogalego.gl A iniciativa rematará o día 16 co festival Vitaminas para o galego, organizado polo Concello de Carballo e que presentará a actriz e escritora Paula Carballeira contando coa actuación de María Xosé Silvar “Ses”. Ademais realizarase a entrega do Premio de Artigos Normalizadores, que este ano recaeu en Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización.
Vitaminas reflectirá na Rede unha lectura en 17 cidades a prol dos medios en galego
Compartir Este Artigo
