Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 28ª edición da LaconNetwork terá lugar en Santiago de Compostela a semana que vén
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A 28ª edición da LaconNetwork terá lugar en Santiago de Compostela a semana que vén

Marcus Fernández
Publicado: 18/05/2012
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Juan Santesmases abrirá a vindeira edición da LaconNetwork cun relatorio
Juan Santesmases abrirá a vindeira edición da LaconNetwork cun relatorio
O encontro gastronómico mensual dos albaneis da nube, emprendedores e outros profesionais do sector tecnolóxico galego coñecido como LaconNetwork vai trasladarse o vindeiro venres 25 ao Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela, comezando o evento ás 13:00 horas no salón de actos das instalacións compostelás cun relatorio de Juan Santesmases Blanco, conselleiro delegado de Zitralia, quen compartirá a súa experiencia profesional cos asistentes e explicará o seu caso de éxito e as que considera que son as chaves e os plans de futuro inmediato do sector.
Zitralia é unha compañía especializada no desenvolvemento de seguridade avanzada en contornos distribuídos e sistemas de acceso remoto, que ofrece unha solución innovadora para o posto de traballo, fusionando os conceptos de portable personality e cloud computing que valeulle o recoñecemento de The Red Herring como unha das 100 empresas máis innovadoras, únicas e prometedoras de 2012 en Europa (o que só conseguiron 15 compañías españolas).
O Hotel Los Abetos acollerá o evento deste mes
O Hotel Los Abetos acollerá o evento deste mes
Para contribuír á dinamización do evento, coincidirá coa xunta de socios do Cluster TIC, o que converterá ao encontro nunha excelente oportunidade para pasar unha xornada agradable entre emprendedores, empresarios e expertos do sector TIC da nosa comunidade autónoma.
Os interesados en asistir á LaconNetwork deberán aboar a través de Paypal 21 euros en concepto do xantar (para o que está dispoñible o correspondente formulario de inscrición vía web) que se servirá, e que consistirá en empanada, croquetas de marisco, tostas, bastonciños de lura, canapés, brochetas, tartaletas, bebidas, café e chupitos. Aparte da inscrición oficial (que debe realizarse antes do día 24) recoméndase indicar a asistencia a través do evento de Facebook deste encontro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?