Voz Audiovisual, produtora da Corporación Voz de Galicia, vén de renovar a súa face en liña. O obxectivo desta actualización de forma e de contidos era o de acadar un recurso “máis intuitivo, completo e interactivo”. En virtude destes cambios, quen visite a páxina non só poderá dar conta dos detalles referentes aos contidos da programación da dita canle (datos de series de éxito como as actuais Padre Casares ou Matalobos), senón tamén acceder a cursos (interpretación, guión, cámara, realización) ou a servizos audiovisuais para empresas, institucións e particulares.
Entre os servizos máis salientables da vozaudiovisual.comnova páxina cómpre subliñar os dedicados ás empresas e entidades públicas, onde se lles fornece “de todo o potencial creativo da produtora no eido audiovisual para realizar, a prezos competitivos, as súas promocións de marca e produto”.
Voz Audiovisual estrea nova imaxe na Rede
Compartir Este Artigo
