
Co gallo da remisión da candidatura do PuntoGal, a Asociación organiza unha presentación e unha mesa redonda o vindeiro martes, que será inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.
Nos relatorios participarán, entre outros, representantes da Fudació puntCAT (que xestiona o .cat, o dominio da lingua e cultura catalás), a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Consello da Cultura de Galicia, EGANET, Asociación Galega de Editores e Código Cero.
O acto servirá tamén para explicar os prazos do exame da ICANN e a futuras formas de rexistro do .gal .
O acto terá lugar o próximo martes 29 de maio no auditorio da Biblioteca de Galicia en Santiago a partir das 12 horas. Os socios de PuntoGal , os representantes das organizacións que traballan coa lingua e as novas tecnoloxías en Galicia e todos aqueles interesados en contribuír a espallar o dominio para a lingua e a cultura galegas están convidados.
Mañá darase conta da presentación da candidatura do .gal na Biblioteca de Galicia
Compartir Este Artigo

