
A mostra remata alí a primeira etapa do seu periplo pola xeografía galega, para comezar despois do verán unha nova xira por diversos centros educativos das catro provincias.
Esta exposición, que poderá visitarse na biblioteca ata o 28 de xuño, baséase nun formato interactivo e innovador que inclúe imaxes, poemas musicados, audiovisuais, xogos interactivos e mesmo gravacións sonoras co recitado de Celso Emilio Ferreiro. Xunto coa instalación multimedia, as persoas que visiten a exposición tamén poderán achegarse ao poeta de Celanova a través dalgúns dos seus obxectos persoais, entre os que se inclúen unhas lentes, a súa máquina de escribir e unha cámara fotográfica.
Moitos destes contidos están accesibles tamén vía web na páxina oficial do escritor, que a Xunta puxo a andar este ano en colaboración coa Fundación Celso Emilio Ferreiro.
A Biblioteca Central de Vigo dá acubillo á mostra interactiva dedicada a Celso Emilio Ferreiro
Compartir Este Artigo

