
Este trámite, que debería funcionar tecnicamente ben, vén de motivar unha das últimas denuncias de Yoigo perante a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), ao advertir da existencia de “rexeitamentos falsos” por parte doutras operadoras (sobre todo Orange e Movistar), que realizan estas prácticas fraudulentas “para evitar perder clientes”, aseguran.
Segundo informa o conselleiro delegado de Yoigo, Johan Andsjö, este tipo de fórmulas para evitar que os clientes cambien de compañía, “aumentaron un 20% dende a entrada en vigor da portabilidade nun día”, indica, e consisten basicamente en enganar ao usuario advertindo dunha penalización que non existe; poñer problemas cos seus datos mesmo cando son correctos, e outro tipo de fórmulas que non serven máis que para dificultar o trámite.
É por iso que Yoigo pídelle “axuda” á Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT), unha entidade que Andsjö cualificou de “xusta, profesional e funciona ben”.
Yoigo denuncia as prácticas fraudulentas dalgunhas compañías para non perder clientes
Compartir Este Artigo

