Co incremento de potencia de consolas de videoxogos e ordenadores persoais nos últimos anos vimos como moitas das secuencias cinemáticas que antes eran vídeos pre-xerados pasaban a ser interpretados en tempo real (o que contribúe especialmente a dotar de uniformidade aos xogos) o que levou á xente de Valve a desenvolver o The Source Filmmaker (SFM), unha ferramenta para construír películas de animación 3D empregando o propio motor dun videoxogo, facilitando a creación de curtametraxes dun xeito áxil e sinxelo e que decidiron ofrecer de balde ao público dende hoxe mesmo.
The Source Filmmaker precisa para funcionar como mínimo un ordenador con Windows Vista/7 cun procesador Pentium 4 a 3 GHz/dobre núcleo a 2 GHz/AMD64X2, 2 Gb de RAM, unha gráfica nVIDIA GeForce 200/ AMD Radeon 3000, unha resolución de pantalla de 1.366 x 768, 15 Gb de espazo de disco libre e DirectX 9.0c, ou sexa, un equipo capaz de correr xogos realetivamente modernos. Amais, SFM inclúe exemplos e titoriais que axuden a aprender a manexar esta ferramenta que permite que definir unha acción para despois narrala controlando a cámara e engadíndolle numerosos efectos para crear auténticas películas, o que agradecerán os usuarios que desexen desatar a súa creatividade para crear pezas que logo publicar en YouTube (como unha serie de exemplo que podemos ver actualmente) ou incluso aproveitar para proxectos profesionais (sempre que non se empreguen elementos propiedade de Valve para iso).
Vídeo de presentación do The Source Filmmaker
Valve publica unha ferramenta de balde para crear animacións 3D
Compartir Este Artigo

