
Estes e outros eidos de actividade, incide a asociación de profesionais e empresas do audiovisual, “non poden asumir unha suba de 13 puntos no IVE (do 8% ao 21%, é dicir un 150%), entre outras medidas, e non servirá para que o Estado recade máis fondos porque a demanda diminuirá fortemente provocando a destrución de postos de traballo, peche de empresas e o aumento do xa de por si grave problema das descargas ilegais”. Polo tanto, sinálase, a medida botaría leña ao lume da crise, ao pasarmos a ter o IVE máis alto de toda a UE e ao obrigar á comunidade de consumidores destes produtos a renunciar finalmente ao xusto pago por acceder a eles, optando, xa que para moitos non haberá máis remedio, pola vía da descarga sen autorización.
Todo isto, di a Academia, mataría ao cinema e máis ás salas, as poucas que quedan. E engade: “Nos últimos anos vemos como cada vez van quedando menos cines e os que quedan ven, ano tras ano, reducidos os seus ingresos polo efecto da piratería; sabendo todo isto é bastante nidio que esta suba do imposto, que triplica o actual, será o toque de graza para o sector e suporá menos ingresos para o Estado –ao contrario do que pretende a medida- e milleiros de persoas máis nas colas do paro”.
A Academia Galega do Audiovisual di que a suba do IVE, unida á piratería, afundirá o sector
Compartir Este Artigo
