O Cluster de Empresas de Automoción de Galicia, que aglutina a máis de 90 empresas dos sectores da automoción e o metal do noso país, vén de adxudicarlle a Telefónica o seu concurso de telefonía fixa e móbil.
En virtude desta adxudicación, as empresas asociadas a CEAGA poderán beneficiarse de condicións especiais e plans de comunicación para telefonía móbil e fixa deseñadas especificamente para elas.
Segundo afirman dende a entidade contratante, o acordo adoptado “refrenda a confianza da organización empresarial en Telefónica”, a mesma firma que xa nos últimos viña xestionando as comunicacións móbiles da maioría das súas empresas asociadas.
O Cluster galego da automoción adxudícalle a Telefónica a xestión das súas comunicacións
Compartir Este Artigo

