
O Commodore 64 era un equipo realmente destacable para a súa época, que conseguiu venderse a un prezo moi inferior os ordenadores persoais profesionais da época grazas a que o seu fabricante desenvolvía e fabricaba os seus propios chips. Pero o C64 non competiu realmente co IBM PC, senón que os seus principais rivais eran as consolas de videoxogos, ás que podía facer fronte grazas a contar con 16 cores en pantalla, gráficos optimizados para xogar (podía controlar sprites por hardware e incluso integran funcionalidades de desprazamento) e un chip con 3 canles de son. De todos os xeitos, as súas facilidades para xogar non foron máis que un catalizador para a súa popularización, sendo un axente crucial na adopción doméstica da informática, polo que a súa contribución foi moi importante á aceptación social dos ordenadores na nosa vida diaria.
O Commodore 64 cumpre hoxe 30 anos
Compartir Este Artigo
