A aplicación móbil para tomar e compartir fotografías aplicándolle distintos filtros artísticos, Instagram, chega á súa versión 3.0 tanto para iOS como para Android, o que supón unha importante renovación desta ferramenta social que quere potenciar o descubrimento de imaxes nesta plataforma e estrea agora mapas nos que aparecen xeoposicionadas fotografías, permitindo un novo xeito de ver fotografías. A aplicación tamén incorpora desprazamento infinito, o que supón unha simplificación da interface de uso (eliminando o botón para cargar máis imaxes).
No tocante aos mapas, estes poden empregarse tanto para recoller todas as fotografías dun usuario en concreto como para amosar imaxes doutros usuarios xeolocalizadas, aínda que para que estas aparezan listadas publicamente a aplicación requirirá a autorización do usuario e permitirá eliminar a información xeográfica das imaxes que a incluísen anteriormente.
As páxinas de perfil de usuario tamén foron redeseñadas para facer máis doado moverse por grandes volumes de fotografías, mentres que as pantallas de carga de fotografías mudaron incluíndo unha cela de texto máis grande e incluíndo a opción de publicar as imaxes no mapa.
Para manter Instagram como un contorno seguro a aplicación tamén permite informar sobre comentarios individuais e denunciar o spam, así como dar conta de imaxes inapropiadas.
Repaso das novidades da aplicación móbil de Instagram
Instagram 3.0 pon as nosas fotografías móbiles no mapa
Compartir Este Artigo

