
O sistema, que conta cun GPS integrado, recolle os tres itinerarios habilitados na contorna, así como información sobre os elementos patrimoniais clave que se atopan en cada sendeiro, permitindo obter información gráfica e documental de cada un deles de xeito doado.
Deste xeito, as persoas visitantes poderán ir percorrendo os sendeiros de xeito virtual a través dun tablet, ao tempo que comproban a beleza dos seus enclaves in situ, recibindo información e datos de utilidade sobre cada elemento atopado no camiño.
As rutas que se poderán consultar e realizar a partir de setembro a través destas guías interactivas son: a Senda Fluvial e Botánica do Río Mera; a Senda Panorámica do Picón; e o itinerario Cultural de Montaña, unha alternativa diferente para aquelas persoas que queiran descubrir os elementos máis destacados da parte norte do Concello.
O Pino estreará o servizo de empréstamo a partir do vindeiro mes de setembro, e programará varios percorridos guiados para os veciños e visitantes que desexen coñecer de primeira man o seu funcionamento.
A partir de setembro O Pino prestará audioguías virtuais para seguir as súas rutas temáticas
Compartir Este Artigo

