
Porén dende o pasado venres, 24 de agosto, hai algo que Pablo pode facer igual ou mellor que o resto dos compañeiros de clase no tempo de ocio: usar o seu propio ordenador portátil de última xeración, cedido polas empresas asociadas a PadronVirtual.com para que Pablo poida “pasar os seus días máis entretido e meterse de cheo no mundo das novas tecnoloxías”, indicaron dende a entidade solidaria.
Segundo afirman dende a plataforma en liña, “un dos soños de Pablo era poder ter un ordenador de seu”, polo que a pasada semana o socio Sindo González, en representación de tódalas empresas que forman parte de Padronvirtual.com, fíxolle entrega a Pablo dun ordenador portátil de altas prestacións, que lle permitirá a este neno padronés gozar da mellor experiencia tecnolóxica.
A iniciativa enmárcase na campaña solidaria Hoy por Pablo, mañana por ti, que ten por obxectivo mellorar a calidade de vida de Pablo e a súa familia, e que pasa inicialmente por conseguir 30.000 euros para unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e un baño adaptado para as necesidades deste neno.
Para isto é necesaria a colaboración das persoas solidarias que, como Padronvirtual.com, fagan as súas achegas económicas no número de conta no Banco Pastor: 0072 0108 02 0000107440.
As empresas de Padronvirtual.com solidarízanse cun neno que padece distrofia muscular
Compartir Este Artigo

