A firma de distribución e venda de electrónica de consumo e electrodomésticos, Media Markt, coñecida no noso país por asegurarnos na súa publicidade que “o consumidor non é tonto”, vén de dar un paso máis na súa política de coidar ao cliente con prezos atractivos e múltiples canles de venda, co redeseño da súa tenda en liña, que se estreará mañá xoves, 30 de agosto.
Logo de 13 anos no mercado español, a firma pon en marcha agora unha plataforma en liña totalmente renovada, con máis de 3.500 referencias de produtos, e con vistas a aumentar o seu catálogo a 100.000 referencias no vindeiros dous anos.
A maiores, a través desta renovada canle de venda, Media Markt ofrecerá o que fai chamar Garantenda: “a garantía de contar con toda a forza estrutural e loxística da compañía” tanto nas compras en liña como nas compras tradicionais nalgunha das 60 tendas físicas que ten espalladas por toda a xeografía nacional.

O responsable de Media Markt para a Península Ibérica, Ferran Reverter, resume moi ben coas súas palabras as vantaxes que achega o lanzamento desta iniciativa en España, ao asegurar que: “co lanzamento da tenda en liña, Media Markt está presente en tódalas canles e ofrece múltiples opcións para que o cliente poida decidir cómo, cando e onde quere comprar”; ao que engade que, “a combinación de vender en liña os 365 días ao ano, xunto coa rede e o servizo de 60 tendas físicas en España é unica e inimitable para o sector da electrónica de consumo”.
A esta acción seguiralle a apertura de 5 novas tendas nos vindeiros meses.
Media Markt redeseña a súa web para facilitar a compra en liña
Compartir Este Artigo

