Anticipándose á feira IFA de Berlín Sony presentou hoxe novos produtos baseados en Android 4.0, que serían o Xperia Tablet S e os móbiles Xperia T,V e J, o que supón unha importante renovación do catálogo da compañía nipona. Entendemos agora que o novo terminal de referencia de Sony será o Xperia T, ao contar cunha pantalla de alta definición de 4,6 polgadas, cámara de 13 Mpíxeles, procesador Snapdragon S4 de dobre núcleo a 1,5 GHz, certificación PlayStation, conectividade MHL (que mediante unha base pode converterse en HDMI) e NFC, que chegará en poucas semanas ás tendas en negro, branco e prata.

O Xperia J chegará en negro, ouro, branco e rosa tamén no último trimestre do ano, pero axustando moito as súas prestacións para ser un terminal máis accesible, de xeito que estariamos ante un móbil con pantalla de 4 polgadas e cámara de 5 Mpíxeles.
Fóra dos smartphones tamén se fixo oficial o Sony Tablet S, que terá unha pantalla de alta definición de 9,7 polgadas, procesador nVIDIA Tegra 3, ata 64 Gb de almacenamento, corpo de aluminio. Chegará ao mercado a primeiros de setembro, estando xa dispoñible para reserva a un prezo que parte dos 399 euros.
O Xperia T será o novo móbil insignia de Sony
Anuncio televiso do Sony Tablet S
