A aplicación vén de incorporar widgets de tamaño pequeno (4×1)O lanzamento da aplicación oficial de MeteoGalicia para o iPhone non supón que a ferramenta para móbiles con Android pase a un segundo plano, e para demostralo actualízase esta mesma semana á versión 1.1.3, que incorpora soporte para versións de Android 4.x, mellorar o rendemento, corrixir fallos detectados e engadir un novo widget de tamaño pequeno, de xeito que xa non é preciso reservar no escritorio un espazo de 4×2 para amosar información meteorolóxica, senón que tamén podemos ter a predición para a nosa ubicación (ou dunha das nosas localizacións favoritas) sempre presente no móbil ocupando só unha ringleira de iconas. MeteoSIX continúa a ser unha boa ferramenta para consultar a predición de Meteogalicia para as localidades e praias galegas, que destaca pola cantidade de variables dispoñibles (estado do ceo, temperatura, precipitacións, velocidade e dirección do vento, cota de neve, cantidade de neve, humidade relativa, cobertura nubosa, presión, altura, período e dirección de onda, temperatura da auga e salinidade da auga).