
Trátase dunha plataforma en liña que lle permite ás usuarias comunicarse telefonicamente cunha intérprete e coa persoa profesional da entidade nunha chamada a tres, de xeito que a profesional poida entender a situación da vítima e axudala no que precise.
A maiores, a plataforma de teletradución permítelle ás usuarias acceder de xeito seguro a información e recursos sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico que teñen dispoñibles en liña, e que se presentan traducidos á súa lingua.
Con este de Lugo, xa suman 57 o total de CIM que dispoñen de atención multilingüe no noso país, un servizo básico que permite atender a practicamente o 100% das mulleres estranxeiras que se achegan a pedir axuda a estes centros públicos.
Ademais de aos CIM, a Secretaría Xeral de Igualdade ofrece este servizo de teletradución ás casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero, así como ás entidades e ONG que asisten a mulleres vítimas de trata ou de violencia de xénero, sendo un total de 68 as entidades que incorporan este servizo en Galicia.
O CIM de Lugo incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas
Compartir Este Artigo

