Logo de ter presentado en xullo a versión actualizada do seu paquete ofimático máis popular, o xigante Microsoft vén de dar a coñecer o prezo dos novos paquetes Office 2013, que a maiores do método de venda tradicional, poderanse adquirir mediante subscrición mensual ou anual.
Desta maneira, o Office 2013 que se oferta baixo a marca Office 365 Home Premium sairá ao mercado cun prezo de 8,33 dólares ó mes (no caso de solicitar subscrición mensual) , e de 99,99 dólares ao ano (se o que queremos é unha subscrición anual), é dicir, uns 76,45 euros ao cambio.
Pola súa banda, na súa versión de venda tradicional, é dicir, pagando todo xunto no momento da súa adquisición, o prezo varía entre os 139,99 dólares para a edición Office Home and Student 2013, que inclúe Word, Excel, PowerPoint e OneNote; e os 219,99 dólares, da versión Office Home and Business 2013, que inclúe tódalas aplicacións da firma para fogar e negocios.
Esta mesma versión, con Access e Publisher, é a máis cara, e véndese por 399,99 dólares.
Os paquetes de subscrición inclúe tódalas aplicacións de Office, Outlook e SkyDrive, dispón de máis capacidade de almacenamento e permite utilizar o software en cinco ordenadores á vez, ben sexan PC ou Mac.
Por contra, as versións que non son de subscrición non inclúen o acceso a actualizacións regulares, e non están dispoñibles para Mac.
Microsoft tamén inclúe 60 minutos de chamadas internacionais ao mes a través de Skype e unha característica para Office, que, en función da demanda, permitirá transmitir as aplicacións a Windows 7 ou Windows 8.
A compañía lanzará a versión actualizada de Office 2013 a partir do vindeiro 19 de outubro en 277 países do mundo.
Microsoft anuncia os prezos de venda dos paquetes Office 2013
Compartir Este Artigo

