
Concretamente a tarifa mini+internet (liña móbil que ten unha cota de 7 euros+IVE para usuarios que non teñan terminal subvencionado) baixa o seu prezo por minuto de 4 a 2 céntimos; a tarifa plana 24h 150min muda de nome para incluír 200 minutos de chamadas nacionais a fixos e móbiles por 15 euros+IVE ao mes (sen terminal subvencionado); a tarifa plana 24h 350min tamén incrementa en 50 o número de minutos en chamadas incluídos ao mes (co seu consecuente cambio de nome); estrean a tarifa plana 24h 600min; melloras a tarifa plana 24h 750min con 800 minutos ao mes, 400 mensaxes de texto (no cato de 200) e 2 Gb de datos (en vez dos 500 Mb anteriores); e incluso a tarifa única móbil sen datos con terminal subvencionado pasa de 8 a 5 céntimos/minuto + IVE nas chamadas.
Dende R tamén lembran que todos os móbiles do seu catálogo comercialízanse libres e os novos prezos non se limitan a novas altas como fan outros operadores, senón que están dispoñibles para todos os seus clientes.
R mellora as súas tarifas de telefonía móbil
Compartir Este Artigo
