Nas últimas horas estreouse en Google Play unha aplicación chamada Sherpa, que vén a ser un asistente de voz para Android na liña do popular Siri de Apple, que entende preguntas e ordes en linguaxe natural para responder en consecuencia dende dispositivos con Android 2.2 ou superior que facilita funcións como o control do teléfono, reproducir música, informar da meteoroloxía, xestionar o calendario, localizar establecementos ou responder a distintas cuestións.
Esta nova ferramenta aínda están en fase de probas, amosando certos problemas en terminais con Android 4.0, pero o seu funcionamento resulta prometedor, pois é capaz de interpretar o español (podendo elixir entre as variantes de distintos países) dun xeito bastante fiable para interactuar coa aplicación e iniciar distintas accións. Deste xeito podemos pedirlle ao noso Sherpa virtual que suba o volume do móbil, que active o Wi-Fi, que localice un lugar onde durmir nunha cidade en concreto, que poña unha canción sen precisar descargala (a través de Goear.com), que diga o tempo que vai facer nunha localidade en concreto, que engada unha xuntanza á nosa axenda, que responda a preguntas de distinta índole, que reserve un voo, que lea en voz alta as mensaxes de texto que cheguen ao noso móbil, que faga uso de WhatsApp, Facebook ou Twitter e moitas outras funcionalidades que irán desenvolvéndose paulatinamente, aínda que na súa fase de proba a aplicación tamén limita o número de usuarios para os que está dispoñible, de xeito que as altas de usuarios iranse realizando por orde de inscrición.
Vídeo de demostración da funcionalidades de Sherpa
Sherpa, un novo asistente de voz para Android feito en España
Compartir Este Artigo

