As V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial JAI 2012, que terán lugar en Vigo entre os días 12 e 16 de novembro, van contar este ano cunha ferramenta de grande utilidade para os seus asistentes: unha aplicación móbil desenvolvida por ABAMobile, que permite consultar todos os relatorios, xeolocalizar o recinto no que se celebra o evento e consultar a conversa en tempo real a través de Twitter.
Durante a celebración das xornadas o usuario da aplicación móbil poderá consultar o relatorio actual e o seguinte a través da funcionalidade Ahora mismo, e para facilitar a súa descarga nas entradas do recinto das xornadas estarán dispoñibles códigos QR e etiquetas NFC con atallos á mesma. A páxina web das JAI 2012 tamén incluirá ligazóns á aplicación dende uns días antes da celebración das xornadas, aínda que a versión para Android xa leva uns días dispoñible para a súa descarga.
As JAI 2012 contarán con aplicación móbil
Compartir Este Artigo

