Imaxe do acto de celebración do 5º aniversario da posta en funcionamento do .catMentres comunidades sociolingüísticas como a galega continuamos á espera de que o noso dominio de primeiro nivel sexa unha realidade, e poidamos gozar dun espazo propio na Rede baixo o sufixo .gal, a experiencia catalá ensínanos que realmente existe unha grande demanda neste eido, e nestes días están a dar conta da chegada aos 60.000 dominios rexistrados baixo o .cat, grazas en boa medida a unha promoción iniciada en xullo (e prorrogada ata xaneiro de 2013) que rebaixa o prezo do rexistro un 70%. Evolución dos dominios .cat dende a súa posta en funcionamentoOs dominios .cat principiaron 2007 con menos de 20.000 dominios rexistrados, pero conseguiron manter un pulo constante durante os preto de 6 anos seguintes, cuns 6.000 novos dominios ao ano, demostrando a confianza que cidadáns e empresas están a ter na presenza da lingua e cultura catalás na Internet, o que agradamos que nos vindeiros anos tamén poidamos celebrar cun .gal, que nos vindeiros meses pasará a ser avaliado pola ICANN.