Nos últimos días a aplicación de Skype está a captar moita atención por converterse oficialmente na sucesora do Messenger de Microsoft, pero esta ferramenta non vai conformarse en gañar pulo nos escritorios informáticos, senón que tamén fai unha firme aposta polo móbil e, especialmente con Windows Phone 8, no que promete ter unha integración excelente, o que queren demostrar polo momento permitindo aos usuarios deste novo sistema operativo a instalación dunha versión preliminar desta aplicación, que xa está dispoñible na tenda de aplicacións de Windows Phone.
Esta nova aplicación móbil de Skype aproveita as bondades do deseño moderno de Windows Phone e intégrase no seu sistema de xestión de Contactos, aínda que entre as principais vantaxes desta versión de Skype é que pode recibir mensaxes e chamadas aínda que a aplicación non estea aberta.
Cómpre destacar que estamos ante unha versión de proba, polo que algunha das funcionalidades non pode funcionar totalmente e podería afectar á estabilidade das comunicacións. Con Skype poderemos realizar chats de Messenger, realizar chamadas de balde con outros usuarios de Skype, facer videoconferencias, establecer chamadas a números de teléfono de todo o mundo a prezos atractivos e establecer comunicación tanto con persoas independentes ou en grupo.
En Engadget quixeron amosar a aplicación en vídeo
Vídeo de presentación da nova aplicación de Skype para Windows Phone 8

