Coa incorporación de Alemaña, Austria, Suíza e España a aplicación de Click A Taxi avanza cara a súa globalizaciónClick A Taxi é unha plataforma que facilita a solicitude do servizo de taxi a través dunha aplicación móbil dispoñible para iPhone, Android e Windows Phone, que vén de recibir 1,5 millóns de dólares nunha segunda quenda de financiamento o que supón o pulo necesario para incrementar a súa presenza internacional de xeito que hoxe estréase en Alemaña, Austria, Suíza e España (xa estaba dispoñible en Reino Unido, Irlanda e Escandinavia), de xeito que chegaría a un público potencial de 230 millóns de persoas en Europa. Con Click A Taxi podemos pedir un taxi sen ter que facer unha chamada de teléfono, sen costes ocultos nin suplementos, recibindo avisos coa situación do taxi (só de empresas autorizadas) e operando en todas as cidades de máis de 50.000 habitantes, resultando especialmente útil durante as nosas viaxes, pois non sempre é doado coñecer o número de teléfono servizo de taxis presente na cidade que visitemos.