O operador francés Orange, en vista do pulo que están a tomar aplicacións como Skype e WhatsApp, vai potenciar a súa aplicación móbil Libon, e estrea a súa versión 2.0 para iPhone, e que permite intercambiar mensaxes de texto entre usuarios de Libon e incluso facer chamadas de voz de balde e con calidade de alta definición, destacando pola posibilidade de contar cun caixa de voz que pode contar con saúdos personalizados en función do tipo de contacto do que recibamos unha chamada (de xeito que para chamadas de traballo presentará saúdos formais, mentres que cos amigos poderá ser menos serio). O servizo de Libon tamén converterá as mensaxes recibida a texto (o que pode resultar de grande utilidade en momentos nos que desexemos consultar rápido as mensaxes recibidas).
Aínda que a aplicación é de balde, conta tamén cunha opción Premium, que por 2,69 euros/mes permite que os saúdos da caixa de voz sexan ilimitados (o resto de usuarios só pode configurar 3 distintos), permite elixir entre distintas voces para os saúdos, as mensaxes de voz poderán gardarse en MP3 en notificacións por e-mail e transcribe de xeito completo as mensaxes de voz a texto.
Vídeo promocional de Libon
Orange renova a súa aplicación de mensaxería instantánea e VoIP para iPhone
Compartir Este Artigo

