A Oficina Técnica da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en Galicia está a renovar a súa presenza na Internet durante a xornada de hoxe, incorporando novas funcionalidades na súa páxina web e unha nova xestión de contidos máis áxil e atractiva para o usuario. Este espazo web inclúe tanto información oficial da Xunta de Galicia sobre a TDT como contidos relativos á solución móbil iTera e o servizo Webgis da TDT.
Estamos ante unha páxina web de referencia para profesionais e técnicos de televisión e para cidadáns interesados en coñecer o estado de cobertura e as condicións técnicas da súa área de residencia, e entre as súas melloras están a posibilidade de compartir contidos coas plataformas sociais máis populares actualmente e consultar as novas máis significativas referentes á TDT en España e en Galicia publicadas nos medios de comunicación nos últimos días.
A páxina web da TDT en Galicia incorpora novas funcionalidades
Compartir Este Artigo
