Aínda que a aplicación de correo electrónico de iOS é compatible con Gmail, para un acceso máis completo ao servizo podemos acceder tanto a través de web como cunha aplicación oficial que vén de dar un paso de xigante para chegar á versión 2.0, o que supón unha grande mellora na súa velocidade e usabilidade, á vez que renova a súa aparencia e incorpora detalles moi atractivos como presentar imaxes de perfil nas mensaxes, novas animacións ou desprazamento infinito nas listaxes de mensaxes.
Pero algúns usuarios daranlle máis importancia ao feito de que a nova aplicación de Gmail incorpora a posibilidade de configurala con varias contas de usuario, axiliza as nosas buscas mediante a predición das nosas entradas de texto, facilita a resposta a invitacións de Google Calendar e incluso admite publicacións interactivas de Google+.
Actualización para Android
Pero non só os usuarios de iPhone e iPad poden gozar dunha renovada
aplicación de Gmail, senón que os usuarios de terminais con Android 4.x tamén
poden gozar agora de funcións novas como o axuste das mensaxes á pantalla
de xeito automático (permitindo tamén facer zoom sobre as mesmas), deslizar o
dedo polas mensaxes para arquivalos ou eliminalos, engadir fotografías e vídeos
dende Gmail e obter vistas previas máis grandes para fotografías, así como
acceder á galería para engadir imaxes.

