O estudante de Telecomunicacións na Universidade Politécnica de Valencia, Pedro Piñera, vén de estrear na App Store unha interesante aplicación de balde chamada Movi, que facendo uso da xeolocalización do iPhone facilita a localización de cines e películas no noso contorno, polo que é unha ferramenta moi áxil para poder consultar as carteleiras e incluso incorpora atallos para poder adquirir as entradas para as películas a través das correspondentes plataformas de cada cine.
Esta aplicación inclúe información de todos os cines, información actualizada das películas (tanto os seus horarios de exhibición como detalles sobre a súa duración, xénero e valoración, así como o seu cartel e o seu trailer cando estean dispoñibles) e actualmente conta con interface de usuario en español, inglés e francés, asegurando o seu autor que pretende dar soporte ao catalán en breve. Para alimentar esta aplicación Piñeira achega os datos da carteleira cinematográfica de Google, adaptándoos a iOS.
Movi leva a carteleira cinematográfica ao iPhone
Compartir Este Artigo

